Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O CENTRO DO LABIRINTO

por FERNÁNDEZ PAZ, A; Fernández Paz, Agustín.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: FÓRA DE XOGO, Nº 18.Editor: VIGO :EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA ,2004 Edición: 9ª.Descrición: 183 P., BLANDA.ISBN: 848302117x.Materia(s): Narrativa en galego | NARRATIVA CONTEMPORÁNEA -- Libros infantiles
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
LG 1042 1 1 Dispoñible CED081000011153
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
LG 1042 5 1 Dispoñible CED081000011326
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
087.5 FÓR XOG FER cen 1 Dispoñible CED081000011322
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
087.5 FÓR XOG FER cen 1 Dispoñible CED081000011325

A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora nas ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos nos que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desiguladades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra. A narración de O centro do labirinto comeza cando a doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 e vive en Berlín, decide facer, de incógnito, unha curta viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo, adolescente, David. Este sufrirá un accidente e será recollido por persoas que viven nunha comunidade desa ZNC, e que deciden retelo e utilizalo como refén para chegar ata a súa nai. En O centro do labirinto están presentes temas como a inquietude pola uniformización lingüística e cultural que leva aparellada a globalización; o futuro da lingua e a cultura galega; a reflexión sobre o sentido da vida de calquera persoa e sobre o papel do azar nas nosas vidas, pero tamén a reflexión sobre o papel que cada quen pode xogar na sociedade; sobre o sentido do noso esforzo e a importancia da responsabilidade individual, da necesidade de intervir para mudar a marcha das cousas; a dificultade dos anos da adolescencia e a forza que teñen as ideas, imprescindibles para poñer en marcha calquera cambio

Coa tecnoloxía Koha