FERNÁNDEZ PAZ, A.

O CENTRO DO LABIRINTO - 9ª - VIGO :EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA ,2004 - 183 P., BLANDA - FÓRA DE XOGO, Nº 18 .

A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora nas ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos nos que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desiguladades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra. A narración de O centro do labirinto comeza cando a doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 e vive en Berlín, decide facer, de incógnito, unha curta viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo, adolescente, David. Este sufrirá un accidente e será recollido por persoas que viven nunha comunidade desa ZNC, e que deciden retelo e utilizalo como refén para chegar ata a súa nai. En O centro do labirinto están presentes temas como a inquietude pola uniformización lingüística e cultural que leva aparellada a globalización; o futuro da lingua e a cultura galega; a reflexión sobre o sentido da vida de calquera persoa e sobre o papel do azar nas nosas vidas, pero tamén a reflexión sobre o papel que cada quen pode xogar na sociedade; sobre o sentido do noso esforzo e a importancia da responsabilidade individual, da necesidade de intervir para mudar a marcha das cousas; a dificultade dos anos da adolescencia e a forza que teñen as ideas, imprescindibles para poñer en marcha calquera cambio

848302117x


Narrativa en galego
NARRATIVA CONTEMPORÁNEA--Libros infantiles

LG/1042(1)

Coa tecnoloxía Koha