A mona de Schrödinger / Uxío Larvós
por Larvós, Uxío (1976-) [autor/a].
Tipo: LibroSeries: (Baía Narrativa ; 45).Editor: A Coruña : Baía , 2022 Descrición: 214 p. ; 21 cm.ISBN: 9788499954158.Materia(s): Novela de humor | Novela de humor | Novela social y política | Novela social e política | humResumo: Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas especies comparten preto do 99% dos xenes, coida que non debe estar de todo mal.Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, esta novela convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Ordes Sala préstamo | 087.5 LAR mon | Dispoñible | CED081000016949 |
|
Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas especies comparten preto do 99% dos xenes, coida que non debe estar de todo mal.Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo.
Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, esta novela convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.