Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Soños. Arquivos. Cartas / María do Cebreiro

por Rábade Villar, María do Cebreiro 1976 [autor/a]; Vigo, Miguel 1986 [ilustrador/a].
Tipo: MonografíaSeries: Poesía ;55.Editor: Vigo : Xerais , 2018 Edición: 1ª ed.Descrición: 73 p. ; 22.5 x 14.5 cm.ISBN: 9788491213321.Materia(s): Poesía contemporánea -- Literatura galega | Amor | Creación poéticaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: "Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
821.134.4 CEB soñ Dispoñible CED081000016404
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
821.134.4 CEB soñ Dispoñible CED081000016414
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
821.134.4 CEB soñ Dispoñible CED081000016415
Prestable IES Ordes
Sala préstamo
821.134.4 CEB soñ Dispoñible CED081000016416

"Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.

Coa tecnoloxía Koha