Endo, Tatsuya

Spy x Family 1 / Tatsuya Endo - Barcelona : Ivrea , 2021 - 192 px. : il. b/n ; 17 cm. - Spy Family ;1 .

Editado en su sentido de lectura original japonés.

Os países de Westalis e Ostania libran desde hai anos unha guerra fría onde a espionaxe e os asasinatos son moeda corrente. O inigualable espía coñecido como «Twilight» é o mellor axente de Westalis que ten por obxectivo encargarse do poderoso Donovan Desmond. O problema é que Desmond é un ermitán antisocial cuxas únicas aparicións públicas son nos actos escolares do seu fillo. Twilight deberá achegarse ao obxectivo o suficiente como para desbaratar a súa axenda secreta. Para iso, só deberá simular que é un home de familia… co pequeno detalle de que só ten 7 días para conseguir a familia ideal.

É por iso que baixo a identidade do psiquiatra Loid Forger, Twilight recrutará a Yor Briar, unha civil ostaniana que quere ter baixo perfil e Anya, unha pequena orfa que só busca unha familia cariñosa, para facer as partes de esposa e filla respectivamente. Pero resulta que este par tampouco é nada normal, especialmente se temos en conta que Yor é unha asasina profesional buscada por ámbolos dous bandos e Anya é unha prófuga dun laboratorio secreto onde conseguiu poderes telepáticos. A típica familia normal diredes…. Se coa, coa…


5º-6º Primaria 1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788418271236


Maxía
Espías
Aventuras
Manga

82-C

Coa tecnoloxía Koha